O territorio
A Biorrexión Cantábrica
Bio significa vida. Rexión nomea un territorio recoñecido por trazos compartidos. Unha biorrexión é unha rexión comprendida desde os sistemas que sosteñen a vida: clima, auga, solos, ecosistemas, formas de produción, cultura e comunidades.
Ortegal, A Mariña e Oscos-Eo forman un territorio atlántico continuo conectado polo mar Cantábrico, as concas, as montañas, as paisaxes produtivas, a mobilidade cotiá e unha cultura alimentaria compartida. Estas relacións non rematan nos límites administrativos.
A delimitación da Biorrexión é funcional, ecolóxica e relacional, non unha nova división administrativa.
O territorio en cifras
O mapa do territorio
As dez unidades de conca sobre os 27 concellos. A conca é a capa de traballo; os concellos seguen sendo a referencia legal e de financiamento.
Unidades de conca
- Cerdido e ría de Cedeira
- Ría de Ortigueira (Mera)
- Sor e ría do Barqueiro
- Landro e ría de Viveiro
- Costa de Xove, Cervo e Burela
- Ouro
- Masma e ría de Foz
- Ría do Eo
- Cabeceira do Navia (Os Oscos)
- Porcía
O que dá continuidade ao territorio:
- A relación entre terra e mar
- A pesca artesanal
- Os portos e as lonxas
- Os saberes mariñeiros
- A produción agraria e agroecolóxica
- As concas hidrográficas
- As montañas e as paisaxes produtivas
- A cultura e as comunidades