Biorrexión Cantábrica
Infraestrutura territorial para a transición alimentaria e a resiliencia
Ortegal · A Mariña · Oscos-Eo
Un territorio unido polo mar Cantábrico, as concas, as montañas e unha cultura compartida. Conectamos persoas, comunidades, coñecemento, proxectos e recursos para comprender o territorio, anticipar riscos e actuar colectivamente.
Que é unha biorrexión
Bio significa vida. Rexión nomea un territorio recoñecido por trazos compartidos. Unha biorrexión é unha rexión comprendida desde os sistemas que sosteñen a vida: clima, auga, solos, ecosistemas, formas de produción, cultura e comunidades.
Coñecer o territorioPor que actuar desde unha escala biorrexional
Ortegal, A Mariña e Oscos-Eo forman un territorio atlántico continuo conectado polo mar Cantábrico, as concas, as montañas, as paisaxes produtivas, a mobilidade cotiá e unha cultura alimentaria compartida. Estas relacións non rematan nos límites administrativos.
Coñecer o territorioA alimentación e a relación terra-mar como punto de entrada
A alimentación enténdese aquí en sentido amplo: non só produción, distribución ou consumo, senón unha infraestrutura cultural, social, ecolóxica e económica que conecta paisaxe, identidade, comunidade, saúde, enerxía, coñecemento e formas de vida. Na Biorrexión Cantábrica esa infraestrutura une terra e mar: a pesca artesanal, os portos e as lonxas, os saberes mariñeiros e a produción agraria e agroecolóxica.
Coñecer o procesoTrece anos construíndo capacidade territorial
Desde 2013, PRATO_DO ensaia formatos de gastronomía responsable, educación, divulgación e relación directa con produtores e comunidades: a gastronomía responsable itinerante, os menús Arte_Sáns, Cociñando e Coñecendo A Mariña Lucense, os mapeos de produtores do Eo e de Terras de Miranda, a orixe de EoAlimenta, ComerEO, Viveiro Sostible, Food Design Fest, A Mariña Lab e ADN Gastronómico. O resultado non é unicamente unha listaxe de proxectos: é coñecemento situado, relacións de confianza, metodoloxías, capacidade de comunicación, documentación e unha rede de iniciativas con potencial para madurar.
Ver a traxectoriaA rede xa está en marcha
A Biorrexión Cantábrica non parte de cero. O territorio conta con persoas, comunidades, iniciativas, espazos, coñecementos e redes que xa traballan sobre alimentación, pesca, agroecoloxía, cultura, educación, coidados, investigación e rexeneración territorial. Actívanse colaboracións con universidades, fundacións, redes de aprendizaxe e iniciativas locais, xerando novas oportunidades de cooperación entre territorios.
Ver o ecosistema territorialQue estamos construíndo agora
A Biorrexión Cantábrica atópase nunha fase de articulación territorial: estamos ampliando o mapeo do ecosistema, activando alianzas, definindo proxectos demostradores e construíndo unha axenda compartida para os próximos anos.
Fase de consolidación 2026–2027
Entre 2026 e 2027 o proceso concéntrase en dúas frontes: dotar a Biorrexión Cantábrica dunha estrutura propia e asegurar os recursos que permitan soster o traballo de tecido territorial. Sobre esa base ábrese a gobernanza ás iniciativas do territorio.
Coñecer o procesoEcosistema territorial
Persoas, comunidades e iniciativas que xa traballan no territorio, organizadas por ámbitos de traballo.
Ver o ecosistema territorialO territorio en imaxes
-
Solpor sobre a paisaxe da Biorrexión -
Residencia de investigación aplicada de MERYCSE -
Estación Agroecolóxica de Vieiro -
Comunidade arredor do Teatro das Cortes -
Visitando axentes do territorio -
Faba de Lourenzá recollida comunitariamente -
Panadaría artesanal -
Visita de campo agroecolóxica
Fototeca: imaxes para recoñecer, pensar e imaxinar o territorio
Esta fototeca nace dun traballo de recoñecemento atento da Biorrexión Cantábrica. As imaxes non funcionan unicamente como rexistro da paisaxe, senón como un arquivo aberto para observar as relacións entre territorio, comunidades, oficios, alimentos e formas de vida. Cada fotografía convida a deterse, formular preguntas e recoñecer elementos que poden axudarnos a pensar e a imaxinar os futuros posibles da Biorrexión.
Explorar a fototeca completa (abre nunha lapela nova)