O territorio
A Biorrexión Cantábrica
Bio significa vida. Rexión nomea un territorio recoñecido por trazos compartidos. Unha biorrexión é unha rexión comprendida desde os sistemas que sosteñen a vida: clima, auga, solos, ecosistemas, formas de produción, cultura e comunidades.
Ortegal, A Mariña e Oscos-Eo forman un territorio atlántico continuo conectado polo mar Cantábrico, as concas, as montañas, as paisaxes produtivas, a mobilidade cotiá e unha cultura alimentaria compartida. Estas relacións non rematan nos límites administrativos.
O territorio en cifras
3.000 km²
aproximadamente
140.000
habitantes, aproximadamente
3
ámbitos territoriais: Ortegal, A Mariña e Oscos-Eo
2
comunidades autónomas: Galicia e Asturias
1
sistema ecolóxico e cultural compartido
O mapa do territorio
O que dá continuidade ao territorio:
- A relación entre terra e mar
- A pesca artesanal
- Os portos e as lonxas
- Os saberes mariñeiros
- A produción agraria e agroecolóxica
- As concas hidrográficas
- As montañas e as paisaxes produtivas
- A cultura e as comunidades